AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

XORNADA TÉCNICA

XORNADA TÉCNICA

14 / Marzo / 2024

O 29 de febreiro na Facultade de Veterinaria de Lugo tivo lugar unha nova edición da Xornada Técnica organizada por Vaca Pinta e Africor Lugo.

Os relatores desta edición puxeron o foco en temáticas como a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), a Diarrea Vírica Bovina (BVD), os programas sanitarios e o papel das Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) en Galicia, a situación do manexo da recría e a xestión dos datos en granxa. 

O encontro comezou ás 10:30 h cun relatorio de José Bernardo,director territorial de Agroseguro na zona Noroeste, quen se centrou na evolución da implantación do seguro agrario en Galicia e describiu o seguro para  cultivos forraxeiros, de grande importancia na nosa comunidade.

A continuación, subiu ao estrado Manuel Morales, responsable da sección de vacún do equipo veterinario de Oceva SC, referencia na provincia de Zamora, para repasar a situación actual da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), compartir as súas experiencias coa mesma e adiantar as recomendacións que se valoran para facerlle fronte.

Da EHE pasouse a falar doutra enfermidade tamén importante nas granxas leiteiras, como é a BVD ou Diarrea Vírica Bovina. Desta terceira charla, titulada `BVD, revisión de la enfermedad en la actualidad´,encargouse Juan Manuel Loste, veterinario especializado en reprodución de Albaikide SA (Navarra).

Seguidamente, tomou a palabra Ignacio Arnaiz, responsable do Laboratorio de Sanidade Animal de Galicia. Durante a súa exposición realizou un breve resume da nova normativa que afecta aos programas sanitarios de vacún, explicou os motivos para a realización dos programas sanitarios, así como os principais aspectos para o seu desenvolvemento, tanto dos programas de obrigado cumprimento como dos voluntarios, e expuxo exemplos do desenvolvemento dos programas sobre diferentes enfermidades recollidas nos programas das ADSG.

Precisamente do labor das ADSG continuou falando Gloria Martínez, coordinadora do equipo veterinario da ADSG Xundeva (Lalín). Para rematar a mañá, analizoua evolución da prevalencia e da gravidade das enfermidades incluidas no programa sanitario das ADSG e evidenciou a  mellora no estatus sanitario das explotacións adscritas á súa Agrupación.

A sesión da tarde dedicouse ao manexo da recría e á xestión de datos, pero antes Jesús Combarro, director de Banca Sectorial de Abanca, puxo enriba da mesa como as normativas medioambientais poderán afectar á hora de solicitar financiamento.

No manexo da recría puxo o foco Carlos Carbonell, de MSD Animal Health, quen examinoua evolución do manexo das xatas lactantes durante os últimos anos nas ganderías galegas e presentou os que, na súa opinión, son os principais retos e áreas de mellora para estas idades, así como as novas oportunidades que se dispoñen para facerlles fronte.

Finalmente, do último tema do encontro, da xestión de datos, encargouse Fernando Mazeris, director xeral de Dairy Data Warehouse e referente a nivel mundial na xestión de datos en granxa. O experto subliñou o valor, cada vez máis importante, dos datos recollidos nas explotacións e o potencial que van supoñer para un manexo preventivo dos rabaños.

O evento concluíu cunha mesa redonda na que interviñeron os relatores Carlos Carbonell e Fernando Mazeris; o xerente de Africor Lugo, Fernando Rodríguez; o asesor en Nutrición e vogal de Nutrición de Anembe, Ángel Ávila, e o veterinario de Gando, Guillermo Lorenzo.

O deputado de Participación Cidadá da Deputación de Lugo, Iván Castro, e o vicepresidente de Africor Lugo, Alberto Iglesias clausuraron o encontro.

Alberto Iglesias, Iván Castro e Manuel Gegúndez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa en PDF

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad