AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

XESTION DE CUOTAS

22 / Junio / 2009

Real Decreto 1012/2009, do 19 de xuño de 2009 polo que se convoca unha asignación directa de cuotas procedentes da reserva nacional e se modifica o RD 347/2003 que regula o sistema de xestión da cuota leiteira.  
 
Trátase dunha asignación directa de cotas lácteas, destinada a gandeiros de nova incorporación e solicitantes de axudas de modernización de explotacións, que realizaran un proxecto de investimentos que implique unha ampliación da produción, con incremento de cota láctea.
 
Como criterios de prioridade incluiranse os de ser muller, comprar cota ao Banco Nacional coordinado, ser unha explotación asociativa e ser persoa física nova.
 
As cantidades máximas que se asignarán non poderán superar os 220.000 quilogramos de cota por cada UTA empregada na explotación nin ser superiores a 220.000 quilogramos de cota por explotación no caso de que recibisen unha axuda á primeira instalación de agricultores novos na modalidade de acceso á titularidad exclusiva ou baixo o réxime de cotitularidad.

Este límite será de 150.000 kg de cota por explotación no caso de recibir unha axuda á primeira instalación de agricultores novos na modalidade de acceso á titularidad a través da integración como socio e de 120.000 kg se se recibise unha axuda á modernización das explotacións agrícolas. O Ministerio de Medio Rural poderá modificar ata nun 50% as cantidades máximas asignables.
 
Outra novidade que inclúe o Real Decreto é que se reduce o prazo, de cinco períodos a tres, durante o cal os beneficiarios de asignación de cota procedente da reserva nacional están impedidos para realizar cesións temporais. Desta forma, amplíanse as posibilidades para que os produtores que non vaian utilizar a súa cota a cedan aos que desexan aumentar a súa dimensión.
A mayores, inclúe a modificación relativa á retirada de cota. Na campaña 2010-2011 aos produtores que non utilizasen a totalidade da súa cota nos dous períodos anteriores a ese, aplicarase a porcentaxe de utilización do 70% para o período 2008/2009 e do 85% para o período 2009/2010.
 
As asignacións de cota surtirán efectos dende o 1 de abril de 2009, data e inicio o período 2009/2010.
 
O período de solicitude de cesións temporais para a campaña 2009/10, estará aberto ata o 28 de febreiro de 2010.

 
 

ORDE

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad