Para poder medir a produción das vacas en Control Leiteiro empréganse os equipos dos que dispón a instalación de muxido, como son os medidores volumétricos ou os medidores electrónicos. Cando a instalación non dispón dun sistema de medición propio, o controlador utiliza un equipos de medición portátil. Estos equipos son testado periodicamente para comprobar a súa fiabilidade na medición.
A testaxe faise nunha unidade propia, seguindo a metodoloxía do ICAR.
Como mínimo faíselles unha testaxe anual. Así mesmo tamén se testan os medidores porcentuais propiedade dos socios. Nas explotacións con medición electrónica realízase unha testaxe “in situ”, para verificar o seu correcto funcionamento. É importante controlar o bo funcionamento dos medidores electrónicos, xa que deles depende o sistema de retirada automática das tetoeiras, e de estar mal calibrados, pode facer que a vaca quede mal muxida por unha retirada a destempo das tetoeiras, co conseguinte risco de mamite.