AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

Real decreto que regula o envío de animais a sacrificio

30 / Marzo / 2009

Responsabilidades dos operadores de explotacións gandeiras.

O operador da explotación gandeira, ou responsable autorizado polo mesmo, que envie animais de produción con destino a matadoiro, proporcionará ao operador do matadoiro a información da cadea alimentaria, sen perxuicio da documentación oficial requerida por outras normas que lle sean de aplicación.

A información da cadea alimentaria que se transmita ao operador do matadoiro debe basearse nos datos e documentos de que dispoña a explotación de procedencia. A estos efectos, os operadores das explotacións gandeiras que críen animais destinados a sacrificio deberán, en particular, dispoñer da información mínima que se establece no anexo I.

O operador da explotación gandeira, ou o responsable autorizado, enviará a información da cadea alimentaria de maneira que o operador do matadoiro a reciba alomenos 24 horas antes da chegada dos animais.

Esta información poderá acompañar aos animais ata o matadoiro nos seguintes supostos:

a) Animais porcinos, aves de curral ou caza de cría que foran sometidos a unha inspección ante mortem na explotación de procedencia, se os acompaña un certificado asinado polo veterinario no que declare que examinou os animais na explotación e que atopounos sans.

b) Solípedos domésticos (mamíferos ungulados, de extremidades terminadas nun so dedo, como o cabalo)

c) Animais que foran sometidos a un sacrificio de urxencia, se lles acompaña unha declaración asinada polo veterinario na que se rexistre o resultado favorable da inspección ante mortem.

d) Animais que non se entregan directamente a partir da explotación de procedencia ao matadoiro.

En cualquera destos cuatro supostos, os animales irán acompañados da información da cadea alimentaria na que se faga constar que se acollen á excepción prevista deste apartado.

ANEXO I

Datos mínimos de que deben dispor os operadores de explotacións gandeiras que críen animais para sacrificio, con obxecto de subministrar a información da cadea alimentaria:

a) Medicamentos veterinarios ou outros tratamentos administrados aos animais, co nome comercial ou principio activo, doses aplicadas, as datas da súa administración e os tempos de espera.

b) Enfermidades aparecidas na explotación que podan afectar á seguridade dos produtos de orixe animal, indicando data de aparición ou de diagnóstico, número de animais afectados, medidas aplicadas, data de desaparición da enfermidade.

c) Resultados de todos os análises efectuados en mostras tomadas de animais e outras mostras tomadas con fins de diagnóstico, que teñan importancia para a saúde humana.

d) Informes pertinentes sobre os controis efectuados a animais ou a produtos de orixe animal e especialmente os resultados dos análises de mostras oficiais tomadas no marco dos programas de vixiancia e control de residuos e os resultados da inspección notificados dende o matadoiro sobre animais desa explotación enviados para sacrificio.

 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad