AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

REXISTRO DE EXPLOTACIONS DE LEITE

16 / Abril / 2010

Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.

Este decreto ten por obxecto a creación dun rexistro de explotacións que segundo os controis oficiais de calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta de Galicia, superen os parámetros de calidade establecidos neste decreto.
 
Os requisitos que deben cumprir as explotacións para estar neste rexistro son os seguintes:
  •  Estar en posesión da carta verde de saneamento gandeiro.
  •  Dispor dun historial de cumprimento acreditado dos seguintes parámetros de calidade no leite:
-Colonias de xermes a 30ºC (por ml) <= 90.000 (media xeométrica móbil observada durante un período de dous meses).
-Contido de células somáticas (por ml) <= 350.000 (media xeométrica móbil observada durante un período de tres meses).
-Non se ter detectados nos últimos seis meses, nin en mostras oficiais nin en mostras de autocontrol, residuos de antibióticos.
  • Non ter sido obxecto de sanción por incumprimentos en materia de condicionalidade, sanidade e benestar animal e seguridade alimentaria durante os últimos seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza.
A inscrición de explotacións neste rexistro farase de oficio, e dicir, unha vez constatado que cumpre os requisitos pasará directamente a formar parte do rexistro, esto comunicarase aos titulares mediante algún medio, que pode ser a publicación no Doga.
 
Este rexistro será de acceso público na páxina web da consellería.
 
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético