AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Servizos

Probas de paternidade

Probas de paternidade

A efectos de darlle unha maior fiabilidade ao Libro Xenealóxico, realízanse periodicamente probas de paternidade aos animais inscritos. A maiores de realizar as probas oficiais, existe un departamento que se encarga de depurar os datos, salientando entre outras as seguintes liñas de traballo:

· Recuperación da xenealoxía de animais inscritos en rexistro auxiliar “A”. No caso de coñecer os proxenitores e sempre que a nai estea viva, xa que é tamén necesario xenotipar as nais para verificar a súa filiación.
· Control de inseminacións dobres. Tras a utilización de dous touros frisóns nun intervalo de tempo reducido (ás veces o mesmo día), o que imposibilita unha asignación veraz do pai da cría.
· Control de fillas de touros con nome parecido. Dado que cada vez existen máis touros con nomes repetidos ou moi similares, que poden dar lugar a erros na filiación das súas fillas, realízase unha mostraxe para verificar a paternidade.
· Verificación de posibles confusións de xatas. Femias nadas o mesmo día de nais distintas no mesmo rabaño, sendo imposible determinar a maternidade sen unha proba de paternidade (maternidade neste caso).
· Control de animais cun pai rexistrado distinto do que figura na inseminación fecundante. Lévase un rexistro de datos de inseminacións a través do Control Leiteiro, que é cotexado cos datos do Libro Xenealóxico.

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad