17 / Abril / 2023
Cancelada a poxa prevista para o sábado 6 de maio en Sarria
Logo de aparecer animais infectados de lingua azul na comunidade galega, os servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural iniciaron a vacinación nas explotacións bovinas e ovinas das provincias de Ourense e de Pontevedra e das comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos - Quiroga na provincia de Lugo.
Dado que no mes de maio xa vai existir circulación dos moquitos que actúan como transmisores desta enfermidade, a distinta situación de vacinación na que se atopan as ganderías das zonas que están vacinando, algunhas coa pauta completa, outras parte e algunas todavía ser recibir ningunha dose, vimonos obrigados a suspender esta poxa porque a maioría dos animais inscritos non poderían asistir segundo as normas vixentes para a erradicación desta enfermidade.