14 / Julio / 2011
Publicado o Real Decreto polo que se establece a normativa básica das ADS e se crea e regula o rexistro nacional
As ADSG deberán, para ser recoñecidas, cumprir os seguintes requisitos mínimos:
a) Ter persoalidade xurídica propia.
b) Integrar, no ámbito territorial de, alomenos, unha comarca veterinaria ou unha illa, unha porcentaxe mínima, a determinar pola autoridade competente, das explotacións rexistradas, de acordo co Real Decreto 479/2004, de 26 de marzo, e o seguinte censo gandeiro mínimo en dito ámbito
1.º O 40 por cen para a especie de que se trate, agás no caso da apicultura.
2.º No caso de ADSG que pretendan agrupar a máis dunha especie, o 40 por cen do sumatorio do conxunto de animais de todas as especies de que se trate.
Non obstante, a autoridade competente poderá establecer un ámbito territorial ou un censo gandeiro diferente, en función do sistema produtivo, do tamaño das explotacións ou das peculiaridades existentes nunha zona determinada.
En todo caso, o ámbito territorial dunha ADSG non poderá superar o territorio dunha comunidade autónoma e a autoridade competente non poderá establecer unha porcentaxe de explotacións ou censo gandeiro superior ao 49 por cen.
c) Estar baixo a dirección técnica de, alomenos, un veterinario, sen que sexa necesario que preste os seus servizos en condicións de exclusividade, salvo decisión en contra da autoridade competente en función do número de explotacións e gando.
d) Ter uns estatutos de funcionamento.