30 / Junio / 2008
Ata o de agora a lexislación autonómica vixente en materia de ordenación do solo estaba composta fundamentalmente por dúas leis:
A partir de hoxe temos que engadir a esta lexislación a Lei 6/2008 publicada no DOGA do 30 de xuño de 2008, e que tamén modifica a Lei 9/2002.
2. Así mesmo, poderá permitirse, logo da obtención de licenza urbanística municipal, a ampliación das construcións destinadas a explotacións agrícolas e gandeiras, incluso en volume independente, cumprindo as condicións de edificación establecidas no artigo 42 desta lei e no planeamento urbanístico vixente, agás no que atinxe ás condicións de parcela mínima edificable, ocupación e volume máximos e distancias mínimas a vivendas e a asentamentos de poboación.
No caso das construcións destinadas a serradoiros tamén se permitirá a súa ampliación sempre que cumpran as condicións de edificación establecidas no artigo 42 desta lei e no planeamento urbanístico, agás no que atinxe á superficie máxima ocupada pola edificación sen superar o límite do 40% da superficie da parcela.
En todo caso, deberá manterse o estado natural do terreo, ou con plantación de arboredo ou especies vexetais, como mínimo, na metade da superficie da parcela.
3. Este mesmo réxime seralles aplicable ás edificacións, construcións e instalacións destinadas a explotacións agropecuarias e serradoiros amparadas en licenza urbanística outorgada antes da entrada en vigor desta lei».