AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

NORMATIVA DO SOLO

30 / Junio / 2008

Ata o de agora a lexislación autonómica vixente en materia de ordenación do solo estaba composta fundamentalmente por dúas leis:

  • Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia
 

A partir de hoxe temos que engadir a esta lexislación a Lei 6/2008 publicada no DOGA do 30 de xuño de 2008, e que tamén modifica a Lei 9/2002.

 
A lei 6/2008 denominada, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, ten como principal obxectivo regular a dotación dunha rede autonómica de solos dotacionais para vivenda pública, para o cal modifica varios artigos e disposicións da Lei 9/2002.
 
No referente as explotacións agropecuarias modifica a <<Disposición transitoria décimo primeira. Explotacións agropecuarias existentes.
 
 1. As construcións e instalacións situadas en solo rústico ou en solo de núcleo rural que estando destinadas exclusivamente a actividades agrícolas, gandeiras e serradoiros de madeira existían no momento da entrada en vigor desta lei poderán manter a súa actividade aínda que non estean amparadas na preceptiva licenza urbanística municipal. Nestas construcións poderán permitirse, logo da obtención de licenza urbanística municipal, as obras de conservación e de reforma necesarias sempre que manteñan a súa actividade agropecuaria ou de serradoiro, adoptando as medidas correctoras oportunas para garantir as condicións sanitarias e ambientais.

2. Así mesmo, poderá permitirse, logo da obtención de licenza urbanística municipal, a ampliación das construcións destinadas a explotacións agrícolas e gandeiras, incluso en volume independente, cumprindo as condicións de edificación establecidas no artigo 42 desta lei e no planeamento urbanístico vixente, agás no que atinxe ás condicións de parcela mínima edificable, ocupación e volume máximos e distancias mínimas a vivendas e a asentamentos de poboación.

No caso das construcións destinadas a serradoiros tamén se permitirá a súa ampliación sempre que cumpran as condicións de edificación establecidas no artigo 42 desta lei e no planeamento urbanístico, agás no que atinxe á superficie máxima ocupada pola edificación sen superar o límite do 40% da superficie da parcela.

En todo caso, deberá manterse o estado natural do terreo, ou con plantación de arboredo ou especies vexetais, como mínimo, na metade da superficie da parcela.

3. Este mesmo réxime seralles aplicable ás edificacións, construcións e instalacións destinadas a explotacións agropecuarias e serradoiros amparadas en licenza urbanística outorgada antes da entrada en vigor desta lei».

 
 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad