IDENTIFICACION DO GANDO
09 / Noviembre / 2010
Decreto 183/2010, do 4 de novembro, polo que se regulan as entidades identificadoras para a prestación de servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún e o seu rexistro oficial.
Nos últimos anos a identificación dos animais das especies bovina, ovina e cabrún era realizada por uns servizos veterinarios autorizados para tal fin, agora coa posta en marcha da oficina agraria virtual os gandeiros van poder elexir entre realizar eles mesmos a identificación dos animais e transmitir esa información a Xunta de Galicia para que lles remita o documento de identificación (DIB) do animal, ou delegar esta responsabilidade sobre unha entidade identificadora que se fará responsable de identificar os animais e remitir a información a Xunta de Galicia para a emisión e envío do DIB ao gandeiro.
Este decreto establece as condicións que teñen que cumprir as entidades que desexen prestar servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún, definir as súas funcións e crear o seu rexistro oficial.
As entidades identificadoras deberán cumprir unha serie de requisitos encamiñados a garantir a súa capacidade para realizar as labores de identificación e rexistro dos animais bovinos, ovinos e cabrúns.
Os gandeiros interesados en subscribir o servizo dunha entidade identificadora deberá comunicar este feito os servizos da Conselleria de Medior Rural, ben a través da oficina vitual agraria, por teléfono ou directamente na oficina comarcal agraria, para que esta entidade este habilitada para realizar os trámites desta gandería.
O titular da explotación pode retirar esta habilitación en calquera momento.