Dada a limitada cobertura de internet no rural, mantense este servizo complementario ao envío de información por correo electrónico.
Por outra banda, os datos que se envían, tanto resultados de reconto celular como de BHB (betahidroxibutirato) é una información que debe estar disponible polo gandeiro no menor tempo posible tras a realización do control, para actuar sobre os animais afectados de forma preventiva.
No caso do reconto celular, consiste no envío dunha mensaxe de texto ao móbil onde se inclúen as dez vacas da explotación con maior reconto de células somáticas. A gran vantaxe deste servizo é a rapidez, xa que a información é enviada tan pronto como se obteñen os resultadados da análise, sen ter que preocuparse o gandeiro de cando están dispoñibles. A mensaxe ao quedar gravada, permite a consulta en días posteriores.
No caso do BHB, é un factor de risco de ter cetose, polo que envíanse os resultados dos animais cun valor superior a 0,10.