20 / Julio / 2023
Entre os días 19 e 21 de xullo esta tendo lugar a "40ª Escuela Nacional de Jueces Ganaderos", esta nova edición ten lugar nas tres povincias galegas con maior censo de animais de raza frisoa, así o día 19 comenzou a escola na provincia da Coruña, o día 20 tivo lugar en Lugo e o 21 na provincia de Pontevedra.
Estas formacións ademais de servir para chegar a obter o título de Xuiz Gandeiro, tamén son unha excelente formación para calquera gandeiro criador de frisón, axudando a valorar e seleccionar os animais na súa explotación ou cando vaia mercar animais.
O xuiz encargado da mesma é D. Santiago García Souto, xuiz nacional de Conafe e propietario da gandería Finca Asunción.
En Lugo concentráronse as vacas nas instalacións da MOEXMU en Muimenta, Cospeito, as ganderías que aportaron os animais foron, SAT REI DE MIÑOTELO, SAT A VEREDA, SC CASA POZO e SAT TEIXEIRO, grazas a súa colaboración, a da comisión de MOEXMU e o concello de Cospeito foi posible facer a xornada deste xeito, sen que os participantes tiveran que andar mudando de granxa, ademáis ao xuntar animais de varias explotacións a igualdade dentro de casa sección tamén é superior, o que axuda a formación dos participantes.
Para rematar a xornada, realizouse unha visita a gandería SAT LODOS E PEREZ.