AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

EQUIPOS APLICACIÓN FITOSANITARIOS

03 / Junio / 2014

DECRETO 60/2014, do 15 de maio, polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego.
 
Mediante este decreto regúlanse as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e o censo de equipos así como o procedemento de autorización e rexistro das estacións de inspección.
 
Este decreto será de aplicación a todos os equipos que se indican no artigo 2 do Real decreto 1702/2011
 
Créase un censo de equipos a inspeccionar na Comunidade Autónoma de Galicia, que estará constituído polos equipos obxecto deste decreto, así os equipos inscritos no Rexistro Oficial da Maquinaria Agrícola (ROMA) inscribiranse de oficio neste censo, os equipos que non teñan a obrigatoriedade de estar inscritos no ROMA, serán inscritos a petición do interesado.
 
O prazo para inscrición neste rexistro dos equipos non inscritos no ROMA será de 6 meses, debendo cumprir a normativa vixente. A partir de agora para os equipos novos o prazo será de dous meses dende a data de adquisición.
 
Este decreto tamén regula o Rexistro de Estacións de Inspeccións Técnicas de Equipos de Aplicación de Produtos Fitosanitarios, os programas de inspección así como a creación  dun comité Fitosanitario Galego.
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

GandAgro 2025


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético