AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Normativa

CONTRATO DE EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE

01 / Febrero / 2008

Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas para o fomento dos sistemas de producións agrarias sustentables a través da implantación do contrato de explotación sustentable (CES).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas os modelos de produción agraria sustentables, especificando os distintos compromisos que os agricultores e gandeiros poden adquirir baixo o denominado contrato de explotación sustentable.

Estas medidas van encamiñadas á potencialización das explotacións agrarias como mecanismo de conservación e protección do medio rural, realizando unhas funcións de coidado e conservación do patrimonio natural que non son remuneradas mediante a venta dos produtos.

 As persoas que soliciten estas axudas deberan cumprir unha serie de requisitos:

  • Manter a actividade agraría 5 anos.
  • Obter uns ingresos mínimos da actividade agraria
  • Cubrir e manter actualizado o caderno de explotación
  • Compromiso de utilizar un servicio de aconsellamento técnico
  • Levar unha contabilidade qeu inclúa a elaboración da conta de resultados.
  • Cumprir os requisitos legais en materia de saúde pública, sanidade animal, sanidade vexetal, benestar animal e boas prácticas agrarias e ambientais
  • Controlar a biomasa vexetal nas superficies forestais da explotación
  • Outros requisitos especificos para cada compromiso

 

ORDE

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad