26 / Septiembre / 2022
O 24 pola tarde no Recinto Feiral Luís Adaro de Xixón chegou o turno das vacas en lactación, onde a gandería Rei de Miñotelo volveu ser protagonista, pois REY 814 BEEMER YURI acadou o título de Vaca Gran Campiona Nacional Reserva, logo de resultar primeira na súa sección vacas en lactación de 5 anos.
REY 814 BEEMER YURI - Vaca Gran Campiona Nacional Reserva
Ademáis deste destacado premio tamen acadou dous segundos postos de sección:
REY 1001 MASTER SORLISA ET
REY 719 RIVISY ELUDE
Mención especial merece CID AFTERSHOCK MATICA, unha vaca da gandería CID de Barreiros que acudiu ao certame para a sección de recoñecemento, unha sección que pretende rendir unha homenaxe as mellores vacas da raza, e sen dúbida está é unha delas, cualificada 6 veces excelente, realizando a súa 8ª lactación e con máis de 100.000 quilos de leite producidos, os asistentes puideron comprobar como todavía conserva unha morfoloxía envidiable, mostrando unha vez máis que morfoloxía e produción van da man na raza frisoa.
CID AFTERSHOCK MATICA 6 EX