AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Axudas ADSG

Axudas ADSG

18 / Enero / 2023

ORDE do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para ao ano 2023-2024 (código de procedemento MR237B).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a cal se convocan estas axudas das que as entidades poderán solicitar un anticipo sen necesidade de presentar avais bancarios. Estes programas melloran as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega. Mediante estas achegas, preténdese estimular a integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas. Ademais, cabe destacar que estas agrupacións tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal.

A finalidade última destas axudas é a mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Ademais, no marco do mercado actual, resulta fundamental manter o devandito estado sanitario, desenvolvendo programas destinados ao control de determinadas doenzas, mellorando a rendibilidade e asegurando a comercialización de animais e dos produtos de orixe animal. Estes programas de planificación zoosanitaria que se subvencionarán coa vindeira orde de axudas contempla aqueles que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2023 e o 28 de febreiro de 2024.

A maiores, no contexto do mantemento do nivel da sanidade animal, resulta determinante consolidar esta estrutura asociativa das ADSG, vinculada aos propios gandeiros galegos. Así, entre as enfermidades con programa sanitario nas agrupacións atópanse a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR), a diarrea vírica bovina (BVD) ou a paratuberculose no gando bovino, ovino e cabrún.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de febreiro de 2023.

 

 

ORDE

 

EXTRACTO

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad