Con este nome coñécese ás femias xemelgas con macho.
En colaboración co Laboratorio de Análise Molecular de Xenética Fontao, remítenselle mostras de sangue de femias nadas de parto xemelgar con macho. Esta técnica permite diferenciar aqueles animais que poden ser non aptos para a reprodución, dende o mesmo momento tras o nacemento.
A porcentaxe de femias aptas para a reprodución nadas xunto cun macho, sitúase nun 16%, porcentaxe baixo dabondo como para non arriscar a recriar unha xemelga de macho sen facerlle esta análise.