AXUDAS AO SECTOR LEITEIRO
29 / Septiembre / 2015
Real Decreto 849/2015, de 28 de septiembre, por el que se establecen las normas reguladoras para la concesión directa de ayudas "de minimis" destinadas a compensar las dificultades económicas en el sector lácteo.
Este Real decreto establece as normas reguladoras para a concesión directa das axudas estatais destinadas a paliar as dificultades que atravesan moitos produtores de leite. Estas axudas están englobadas dentro das axudas "de minimis" e polo tanto suxeitas a súa normativa que establece un límite 15.000 euros entre o exercicio actual e os dous anteriores.
Requisitos beneficiarios:
-
Ser titulares dunha explotación gandeira
-
Ter realizado entregas de leite durante os meses de abril, maio, xuño e xullo de 2015
-
Non acadar durante estos meses o umbral de rendibilidade tal como se detalla neste Real decreto.
Umbrais de rendibilidade:
No último boletín publicado de xuño 2015, o prezo do leite necesario para acadar un beneficio efectivo é de 0,245€ e o necesario para acadar un beneficio segundo a conta de explotación é de 0,27 €, no caso de Galicia.
Defínense dous valores umbrais, recibindo as explotacións 300 € por vaca no caso de atoparse por debaixo do benefico efectivo ou 110 € no caso de atoparse por debaixo do beneficio segundo a conta de explotación, sempre cun máximo de 10.000 euros por explotación.
Non e preciso solicitar estas axudas, xa que o MAGRAMA realizará unha proposta de resolución tendo en conta os requisitos necesarios para acceder as mesmas.
Segundo o MAGRAMA poderán beneficiarse destas axudas cerca de 5.600 explotacións en toda España. Isto supón que un tercio das ganderías españolas están en situación de perdas segundo os datos recollidos na rede de granxas típicas.