07 / Mayo / 2024
O sábado 11 de maio terá lugar en Sarria unha nova poxa de gando frisón, sendo o lugar ideal para mercar animais, pois trátase de exemplares procedentes de ganderías de Lugo, cunha sanidade e xenealoxía contrastadas.
Mercando animais procedentes de ganderias da nosa provincia, ademáis de beneficiarnos do traballo de mellora que estan realizando as explotación galegas, estamos contribuindo a economía local, pois ese diñeiro pasa a mans doutro gandeiro, axudando así uns a outros.
Nesta ocasión contamos cun lote de 17 animais, dos cales 14 son primeirizas e o resto xovencas próximas.
Hai moitos animais con proba xenómica, animais A2A2, polled e animais procedentes das mellores familias americanas (Lila Z ), unha ampla oferta para escoller os animais que mellor se axusten as súas necesidades.