AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

15 / Abril / 2024

María José Gómez Rodríguez, acaba de ser nomeada Conselleira de Medio Rural, sustituindo no cargo a José González, que cambia esta consellería pola de Emprego, Comercio e Emigración.

María José a pesar da súa xuventude conta cunha alta experiencia de xestión, ocupando ata o seu nomeamento os cargos de Alcaldesa de Guntín e senadora pola provincia de Lugo, anteriormente xa exerceu como xefa de coordinación de Cultura en Lugo e como xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na nosa provincia.

O seu coñecemento do sector produtor de leite é total, pois seus pais teñen unha gandería na parroquia de Pradedo de Baixo en Guntín, sendo socios de Africor Lugo dende o ano 1994 e ela sempre colaborou activamente nas labores da mesma.

Desexamoslle o mellor nesta nova etapa profesional ao frente dunha Consellería que para Lugo e Galicia e das máis importantes, tanto polo territorio que xestiona como pola importancia que o sector primario ten na maioría dos nosos concellos.

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad