Ronda de Fingoi | 117 Baixo | 27002
Telf | 982 250 714 | Lugo
ASOCIACIÓN Consulta de datos
AFRICOR-LUGO forma parte, xunto co resto das Africores provincias, de FEFRIGA, Federación Frisona Galega, entidade que representa a Galicia a nivel Nacional en CONAFE, Confederación Nacional de Frisona Española.
O presidente de AFRICOR-LUGO é a súa vez o presidente de FEFRIGA e o secretario de CONAFE.

 
Xunta de Goberno de AFRICOR-LUGO
Presidente   D. José Carlos Vega Rodríguez
Vicepresidente   D. Manuel Capón Rodríguez
Secretario   D. Álvaro José Castro Fernández
Tesoureiro   D. Manuel Sandamil Cabana
Interventor   D. Moisés Vispalia Pernas
Vogal   D. Félix Rubiños Muiña
Vogal   D. José Manuel Castro Núñez

AFRICOR-LUGO é entidade colaboradora no Plan de Mellora Gandeira de Galicia.

 

POLITICA DE CALIDADE

A Política de Calidade de AFRICOR LUGO está enfocada a satisfacer as necesidades e expectativas dos seus clientes na prestación dos servizos de: control leiteiro, testaxe de equipos de medición de leite, xestión do Libro xenealóxico dos animais de raza frisona e de probas de paternidade coa implicación de todo o persoal da empresa como parte integrante do sistema de calidade.

Para asegurar un servizo de Calidade, AFRICOR LUGO comprométese a:

Promover a participación e responsabilidade de todos os traballadores no funcionamento do Sistema de Calidade, a fin de que esté motivado e sexa consciente do seu traballo para lograr os obxectivos de Calidade.

Establecer un control de proceso efectivo que sirva para previr, reducir ou eliminar os factores que afecten negativamente á calidade do servizo prestado.

Facer da mellora continua a nosa ferramenta de traballo, establecendo e revisando periódicamente os obxetivos específicos do proceso de mellora.

Cumplir cos requisitos legais e/ou normativos que sexan de aplicación para o desenvolvemento da actividade.

Proveer os recursos materiales e humanos necesarios para a correcta implantación do sistema de calidade, optmimizando os procesos e os recursos.

Esta Política de Calidade é entendida, implantada e mantida en todos os niveis da organización, e conta co compromiso e apoio da dirección de AFRICOR LUGO, que a establece, desenvolve e aplica por medio do SISTEMA DE XESTIÓN DE CALIDADE implantado.

 


 



  
 
Usuario
Contrasinal
 
ISO 9001

._
NOVAS TELEVISIÓN

O TEMPO

MEMORIA 2018

APLICACION DE CONTROL LEITEIRO PARA VETERINARIOS
CONSULTA DE XENEALOXIAS EN CONAFE
CEGACOL
 
Diseño y programación: Prodesin.com ` Nota Legal | Favoritos | Inicio