Ronda de Fingoi | 117 Baixo | 27002
Telf | 982 250 714 | Lugo
ASOCIACIÓN Consulta de datos

A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, AFRICOR-LUGO, é unha asociación sen ánimo de lucro, que ven realizando dende o ano 1992 o Control leiteiro oficial na provincia de Lugo.

Na actualidade compóñena máis de mil trescentos oitenta socios. A estas ganderías préstaselles servizo a través de cincoenta e un empregados.
Os controladores visitan mensualmente todas as explotacións asociadas, recollendo datos de produción, reprodución e mostras de leite de cada vaca, permitindo obter unha información que, unha vez procesada, é remitida ao gandeiro en informes con periodicidade mensual.

Toda esta información serve para unha mellor xestión das ganderías asociadas, tanto a nivel reprodutivo, como sanitario, para o control da alimentación, a orientación sobre a mellora xenética, a recría, etc. Por outra banda, con esta información realízanse as avaliacións xenéticas oficiais a nivel nacional, que permiten valorar os touros utilizados na inseminación artificial.

A estrutura organizativa de AFRICOR-LUGO é a seguinte:

- Asemblea Xeral: formada por todos os socios, órgano supremo de decisión.
- Consello Xeral de Delegados: composta polos representantes de cada concello, ata un total de cincoenta e nove. É un órgano consultivo.
- Xunta de Goberno composta polos sete delegados co maior número de votos elixidos pola Asemblea Xeral.




 
  
Usuario
Contrasinal
 
ISO 9001

._
NOVAS TELEVISIÓN

O TEMPO

APLICACION DE CONTROL LEITEIRO PARA VETERINARIOS
CONSULTA DE XENEALOXIAS EN CONAFE
CEGACOL
 
Diseño y programación: Prodesin.com ` Nota Legal | Favoritos | Inicio